Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Expo bibliográfica de José Luis Sampedro, Premio Nacional de las Letras Españolas 2011, na Bibl

foto de José Luis SampedroAdicámoslle na Biblioteca Central Rialeda unha exposición bibliográfica a José Luis Sampedro recén galardonado co Premio Nacional de las Letras Españolas 2011, premio que concede o Ministerio de Cultura para distinguir o labor literario dun autor/a español/a do que a súa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual escrita en calquera das linguas españolas.

Economista, escritor, catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) desenvolveu un intenso labor como profesor, novelista e humanista, que o cualifican como un dos máis importantes escritores vivos en lingua castelá, así como unha referencia intelectual e moral de primeira orde na España da segunda metade do século XX.

O pensamento de Sampedro proxéctase sobre a natureza social da actividade económica e os seus efectos sobre a realidade social na que se desenvolven. Deste modo, aboga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos.

Algunhas obras de Sampedro na Biblioteca Central Rialeda:La ciencia y la vida, Economía humanista : algo más que cifras, Mar al fondo, El mercado y la globalización, El mercado y nosotros, Octubre, octubre, El río que nos llevaLa sonrisa etrusca, La vieja sirena.