Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back 3 e 4 de decembro: 30 anos da Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz

/documents/39407/55538/DLFE-23115.pdf/b0680b9f-31c7-3542-1761-cde10706e381

Homenaxe-conmemoracion no Teatro As Torres. Santa Cruz
 
3 de decembro:
 
- 10,30 e 12 h.:  Máxicosons con Álvaro Muras, no que un músico e un mago promoven a lectura nunha posta en escena onde a maxia e a música se unen para facer unha aventura entre libros, cun formato orixinal, interactivo e divertido. 
Ás 10:30 h. para o alumnado de 5º e 6º de primaria e ás 12 h. para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal. 
 
- Ás 20 horas:  
Actuación dun quinteto do Grupo de Gaitas Santaia

Intervencións de:
- Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
- Esther Garrido Pan, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
- Mª Luz Corral Uzal, Bibliotecaria municipal. 
 
Recital de poesías de Rosalía de Castro por mozas de Santaia.

Actuación do magnífico grupo musical Luar na Lubre
 
Aviso importante: debido a que o auditorio ten unha capacidade limitada é imprescindible recoller invitación na mencionada biblioteca.

Paralelamente realizarase unha exposición de fotografías antigas da parroquia de Liáns titulada Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes e unha mostra bibliográfica dos primeiros 75 libros da Biblioteca e o Centro de Documentación da Muller.

4 de decembro:

- 10,30 e 12 h.: Merenda con pan de millo con Migallas. Actuación baseada no libro-disco “Pan de millo” no que se combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. 
Ás 10:30 h. para o alumnado de 1º e 2º de primaria e ás 12 h para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).

A Biblioteca Pública Municipal e o Centro de Documentación da Muller foron creados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz. Mercaron os libros que serían os fondos bibliográficos fundacionais, adquirindo un gran número de obras de temática relacionada coa muller. Posteriormente o Concello aumentou ese fondo inicial coa adquisición de máis exemplares e anualmente vaino ampliando e actualizando. Propuxéronlle ao equipo de Goberno municipal que levara o nome de Rosalía de Castro e que fose unha biblioteca destinada á muller. Tamén a dotaron de algúns mobles feitos polo carpinteiro do pobo. 

A decisión desta comisión de festas, formada na súa maioría por mulleres, e co apoio de todo o pobo que colaborou moitísimo coa comisión, foi exemplar para aqueles tempos, pois loitaron sempre por  achegar a cultura, as nosas tradicións e a nosa lingua aos seus veciños e veciñas. Fermoso e singular exemplo de respecto e amor ao pobo.