Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back 24 maio 2016: Conferencia de Mercedes Queixas sobre Manuel María en Santa Cruz

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-10-05-2016-2050064Teatro As Torres de Santa Cruz

Ás 10,50 h.
Dirixida a alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato
 
Mercedes Queixas, escritora e profesora de lingua e literatura galega no ensino secundario, explicará os aspectos biográficos máis significativos de Manuel María, o autor ao que este ano se lle dedicou o Día das letras Galegas, así como a importancia e características fundamentais da súa obra. 

No seu libro sobre Manuel María “Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María” publicado pola editorial Galaxia, a profesora segue o roteiro vital e literario do poeta destacando o seu amor aos próximos, á casa, á tribo chairega, á nación galega, ao pobo, á cultura, á literatura e á lingua galega, e explica como todo isto confluíu nunha espléndida obra literaria.

Actividade patrocinada pola editorial Galaxia.