Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back 100 anos de "Platero y yo" (vol.3)

/documents/39407/55553/DLFE-17329.pdf/50f7794e-0a8b-ce00-1944-83332be8cb1e

Completamos as exposicións adicadas ao centenario da publicación de "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez, con "Burriños e outras mascotas", composta por unha selección de contos, narracións e algún poemario nos que os animais de compañía (os habituais e os non tanto) son protagonistas: como non, hai burriños, cans e gatos, mais tamén elefantes, ratiños, cabalos, pingüíns e ata dinosauros.
 
Temos libros para catro tramos de idade, dos 3 aos 12 anos. É unha escolma de títulos que temos en Rialeda: hai máis e están aquí á túa disposición.
 
Xa que falamos de animais que conviven connosco, queremos propoñerche que achegues o teu "bichiño" de compañía a Rialeda, iso si, EN FOTO!, para formar parte da nosa Galería de Mascotas. Necesitamos unha foto na que apareza a túa mascota, nun tamaño non superior a 7x7. Se queres escaneámola na biblioteca ou podes enviala a biblioteca.rialeda@oleiros.org asunto "Burriños e outras mascotas", indícanos como se chama.
 
Xa temos as dalgúns famosos-as escritores-as!!!.
 
Os-as máis pequenos-as que veñan a Rialeda poderán "reinterpretar" o burriño pintado por Marc Ghagall en 1991. Queremos os asniños máis coloridos para a Galería de Burriños. 
 
As historias de animais agardan por ti!