"Platero é pequeno, peludo, suave; tan dondo por fóra, que se diría de algodón todo el, que non leva osos. Só os espellos de azibeche dos seus ollos son duros tal que dous escaravellos de cristal preto. Deixoo ceibe, e vaise ó prado, e acariña tépidamente, co seu fuciño, rozándoas tenramente, as floriñas rosas, celestes e amarelas..."
Así comeza "Platero e máis eu", versión galega de Manuel Beiras (Eubensei) de "Platero y yo", que cumpre 100 anos este 2014. Nesta pequena exposición na sala infantil da Biblioteca Central Rialeda podes ver este, e outros plateros que temos para ti. Tamén libros de versos escollidos para que goces coa poesía do escritor de Moguer.
Esta exposición completarase cunha outra titulada "Burriños e outras mascotas" que poderás ver en poucos días.