Homenaxes e conmemoracións
- Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
- Día Internacional do Libro (23 abril)
- Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
- Día das Letras Galegas (17 maio)
e outras datas de interese.
Unha expo de libros para que celebres connosco o 24 de outubro, adicado a estes marabillosos lugares poboados de libros e historias e ás xentes que traballan nelas.
As bibliotecas son lugares cun magnetismo especial que sendo sempre continente brincan de cando en vez ás páxinas dos libros para seren historias que atrapan a nosa atención e minguan o noso sono.
Agardamos que esta escolma sexa do teu agrado. Convidámoste a perderte entre os corredores da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e sentir o borboriñar das voces agochadas entre cuberta e contracuberta.