Asset Publisher

Back Todo o que debes saber sobre o teu corpo

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/ConeceOTeuCorpoExpoBibliograficaNaBibliotecaMunicipalRosaliaDeCastroSantaCruz?authuser=0&feat=directlinkNa Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz queremos dar a coñecer unha parte do material bibliográfico que hai na sección infantil da nosa biblioteca. Para iso creamos unha exposición bibliográfica titulada "Todo o que debes saber sobre o teu corpo", coa finalidade de axudar a coñecer as diferentes "pezas" das que consta o ser humano, ademáis de saber máis sobre algúns malos hábitos que debemos evitar como a obesidade, alcohol, tabaco e os seus efectos na nosa saúde. Atoparás libros para todas as idades, aprenderás como é e como funciona o noso organismo. Coñecendo o teu corpo aprenderás a quererte máis a ti mesmo/a.