Nesta actividade o oleiro de Buño Alberto Añón explicará aos participantes cales son os elementos básicos dun chifre de barro e ensinaralles como confeccionar un chifre personalizado.
Persoas maiores de 6 anos empadroadas no concello de Oleiros
11 e 18 de outubro, (é obligatorio poder asistir ás dúas sesións para participar nesta actividade).
- 1ª quenda: de 16.00 a 17.00 h
- 2ª quenda: de 17.00 a 18:00 h
Escola Municipal de Olería, ao fondo do xardín das Torres de Santa Cruz.
Do 19 de setembro ao 3 de outubro.
4 €
Teléfono: 981 610 000, ext.: 4211 ou 981 626 692
Correo electrónico: museos@oleiros.org
As prazas sortearanse públicamente o día 4 de outubro ás 10.00 h no Museo Os Oleiros e, entre o 4 e o 7 de outubro, notificarase ás persoas que acaden praza na actividade.