O vindeiro sábado 25 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.
Nesta ruta visitaranse puntos de interese como a ZEPA Costa da Mariña Occidental, a ría do Barqueiro e ría de Viveiro, praias de Vidreiro, Area Grande e Xilloi, praia de Caolín e Fábrica de Salga, vistas sobre a Illa Coelleira, igrexa de Santo Estevo do Vicedo, Portos do Vicedo e San Cibrao e vila de Viveiro para rematar cunha visita cultural ao Museo provincial do Mar (san Cibrao-Cervo).
Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 13 de outubro ás 10.00 horas.
No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 13 de outubro ás 10.00 horas e o martes 14 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura.
Enlace: INSCRICIÓN
No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.