Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os talleres de memoria do Concello dispoñen de prazas vacantes en Nós, Maianca, Perillo, Iñás, Oleiros e Dexo

O Concello de Oleiros abrirá, entre o 22 e 24 de xaneiro, o prazo para cubrir as vacantes da actividade “Taller de Memoria”, dentro do programa de “Envellecemento activo”. 

Os obradoiros de memoria do Concello de Oleiros dispoñen de prazas vacantes para aquelas persoas empadroadas maiores de 65 anos que se quixeran anotar na actividade. Esta actividade está encamiñada a mellorar a calidade de vida das persoas maiores creando espazos de socialización e vitalidade entre elas.
As vacantes dispoñibles son as seguintes:

•    Casa do Pobo de Nós
o    Martes, en horario de 18:45 a 20:20h – 1 praza 
o    Venres, en horario de 16:00 a 17:40h – 3 prazas

•    Centro Social de Maianca
o    Mércores, en horario de 16:00 a 17:40h – 4 prazas
o    Mércores, en horario de 17:40 a 19:20h – 1 praza

•    Casa da Cultura de Perillo
o    Luns, en horario de 11:30 a 13:10h – 1 praza
o    Mércores, en horario de 09:30 a 11:10h – 2 prazas
o    Mércores, en horario de 11:10 a 12:50h – 1 praza

•    Casa do Pobo de Iñás
o    Martes, en horario de 17:00 a 18:40h – 9 prazas

•    Casa da Cultura de Oleiros
o    Luns, en horario de 16:00 a 17:40h – 2 prazas
o    Xoves, en horario de 18:10 a 19:50h – 5 prazas

•    Casa do Pobo de Dexo
o    Xoves, en horario de 16:00 a 17:40h – 6 prazas

As solicitudes levaranse a cabo entre o 22 e 24 de xaneiro, chamando en horario de 16:00 a 20:00h ao 981 610 000. No caso de haber máis solicitudes que as vacantes dispoñibles, elaborarase unha lista de agarda á espera de que existan máis vacantes no futuro. 

Para máis información, pódese contactar co 981 610 000 ou acudir as oficinas de Servizos Sociais, tanto en Oleiros como en Perillo.

back link