O menú será o tradicional e antes e despois da comida haberá música e baile, coa Banda de música municipal e co dúo Xilo e Carlos e os solistas Melchor e Marietta.
Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e no desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.