O sábado 21 de setembro de 11.00 a 13.00 h no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo nos Regos terá lugar o primeiro obradoiro da programación do Apego en Oleiros: Obradoiro de disciplina positiva, un modelo educativo para entender o comportamento das crianzas e para guialas no seu camiño dunha forma que sexa afectiva e firme, tanto para a persoa adulta como para os nenos e nenas. Neste obradoiro trataranse diferentes contidos, como límites, consecuencias, enfoque baseado en solucións e alento. As persoas destinatarias son nais e pais de crianzas entre 0 a 6 anos. A duración de cada sesión é de 2 horas.
O prazo de inscrición no Obradoiro de Disciplina Positiva comeza o luns 16 de setembro ás 10:00h a través do enlace ao formulario.
Consulta toda a programación do APEGO na web municipal, xanela Normalización Lingüística.
Máis información no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.