Oleiros, 26 de abril de 2019-. Como todos os anos, durante os meses de verán ofértase unha amplísima variedade de actividades dirixidas a nenos, nenas e mocidade. Os modelos de preinscrición, así como o folleto con toda a información sobre a programación prevista xa está dispoñible na web municipal. É importante lembrar que para poder participar, todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa preinscrición entre o 29 de abril e o 5 de maio.
A preinscrición pode realizarse tanto a través da web municipal, na sede electrónica do Concello de Oleiros, como na conserxería da Fábrica, en horario de 8:00 a 15:00 horas. No caso daquelas actividades nas que queden prazas vacantes, o 30 de maio abrirase novamente a matriculación.