Desde a Xunta de Galicia solicitan a colaboración da poboación para levar a cabo a investigación sobre as condicións de vida das familias galegas polo que desde o Concello de Oleiros informamos que as vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo IGE (Instituto Galego de Estatística) na que se lles informa do obxectivo da enquisa, da obrigatoriedade de facilitar os datos que se lle poidan solicitar ao respecto etc.
A enquisa dirixirase a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego polo que no caso de seren seleccionadas algunhas no municipio de Oleiros, a quenda para a realización das devanditas enquisas será do 3 ao 30 de xuño por persoal debidamente acreditado para cubrir o cuestionario estatístico.
Calquera fogar seleccionado que precise máis información ao respecto poderá poñerse en contacto co Instituto Galego de estatística a través do teléfono gratuíto 900 102 104 en horario de 9:00 a 14:00 horas.