Ante o continuo abandono por parte da Xunta de Galicia desta zona, o Concello leva reclamado desde o ano 2021 a súa cesión, por carecer de activade pesqueira profesional e formar parte do paseo marítimo. Ata o momento non houbo resposta algunha por parte de Portos de Galicia, que segue a desatender o mantemento desta infraestrutura.
“Tamén está habendo problemas moi serios coa Dirección Xeral de Costas. Os ocos no paseo de Santa Cruz, os desprendementos do Parque da Trece Rosas e do Xunqueiro, non queren facer a continuidade do paseo de Beiramar ata Cambre cando estaba previsto.... Todo son negativas a asumir as súas competencias. Se isto segue así teremos que tomar medidas fortes. Haberá que pecharse nalgún Ministerio ou facer algo contundente para denunciar o abandono que se está dando aquí en Oleiros que é inadmisible”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.