Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha excursión ao Olimpo Celta de Carnota e o Monte Pindo

Oleiros, 28 de maio de 2019-. A próxima das saídas do programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza será o vindeiro 15 de xuño. As persoas participantes van realizar unha ruta de sendeirismo polo Monte Pindo e Carnota.

A camiñada a pé partirá de Fieiro e rematará en Carnota. A distancia a percorrer é de 18,5 km e está cualificada como de dificultade media-alta. Durante o traxecto visitarase Fervenza do Ézaro, o macizo granítico do Pindo, o Castelo de Penafiel ou o Hórreo de Carnota, entre outros lugares.

O prazo de inscrición para esta excursión xa está aberto. Para apuntarse ou obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico cultura@oleiros.org.

back link