Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello oferta 1.319 prazas para actividades infantís e xuvenís durante o verán

O prazo de presincrición para as actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello estará aberto entre os días 23 e 30 de abril. Deberán realizarse a través da sede electrónica e só poderán apuntarse nenos e nenas empadroados no municipio.

Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros e actividades dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións a espazos naturais fóra de Oleiros, mini campamentos, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, xogos deportivos, parkour, calistenia, orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo, tiro con arco, artes plásticas, olería, ilustración e cómic, pintura, gravado, graffiti,...

MÁIS INFORMACIÓN

 

back link