Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello instalará un Punto Violeta na Romaría de San Cosme en Maianca

O sábado 28 de setembro celébrase a XXI Romaría de San Cosme. O Concello de Oleiros instalará o propio día, no Parque de Maianca, un Punto Violeta, en horario de 20:30 a 00:30 horas.

O obxectivo é seguir traballando, como ato o de agora, na prevención e actuación fronte todas as formas de violencias machistas (sexuais, LGTBIfóbicas, de xénero etc.) que se puidesen dar nos eventos festivos.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico, conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse algún tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outra forma de agresión machista, en coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade. Ademais, tamén son espazos abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos  e servizos especializados na materia, ao tempo que se realizan accións divulgativas e participativas adaptadas ás diferentes idades. 

back link