Desde a ANPA Valle Inclán convócase a toda a comunidade educativa a participar este domingo 12 de outubro ás 12:00 h na Andaina polo ensino público de calidade, unha marcha reivindicativa que sairá do Monumento aos Avós (Parque José Martí), pasará pola rotonda do Che e rematará no CEIP Ramón María del Valle Inclán.
O Concello de Oleiros manifesta abertamente o seu total apoio ás reivindicacións das ANPA do municipio a respecto da consecución de mellores servizos educativos públicos e de calidade para todos os nenos e nenas.
O Concello anima a toda a veciñanza a participar nestas reivindicacións tan importantes para o futuro de todas as crianzas.