Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O campo da Marola acollerá a Copa Deputación de fútbol

O Campo Deportivo Municipal da Marola será o lugar de celebración da XXXIII edición da Copa Deputación da Coruña de Fútbol Afeccionado, que se disputará os días 22 e 29 de xuño, reunindo equipos clasificados das distintas copas comarcais organizadas pola Real Federación Galega de Fútbol.

A competición contará coa participación dos clasificados das Copas da Coruña, Costa da Morte, Ferrol e Sar. Na categoría feminina participan o Victoria CF, Dumbría CF, SD Val e o EFM Boiro. Na masculina compiten o Atlético Coruña Montañeros, Dumbría CF, Galicia Mugardos e SD Negreira. 

As semifinais terán lugar o domingo 22 de xuño, coa disputa das semifinais. Pola mañá xogarán Victoria B-Dumbría ás 10.30 h e O Val-Boiro ás 12.30 h. Pola tarde enfrontaranse Galicia Mugardos-Montañeros ás 17.00 h e Negreira-Dumbría ás 19.30 h. Os equipos vencedores xogarán as finais o domingo 29 ás 17.00 h e ás 19.30 h. 

O campo da Marola, inaugurado no 2022, é unha instalación deportiva de referencia a nivel provincial para a práctica do fútbol, de aí a súa designación para esta prestixiosa competición.
 

back link