Oleiros, 6 de marzo de 2020-. O Voluntariado de Oleiros realizará unha recollida solidaria de produtos de hixiene persoal e limpeza, así como aceite, no supermercado Gadis de Bastiagueiro mañá sábado 7 de marzo en horario de 10:00 a 22:00 horas. Distintos equipos de voluntarios e voluntarias, organizados en quendas, recollerán os produtos á vez que informarán sobre as actividades que desenvolve o Voluntariado de Oleiros.
Todos os produtos recollidos irán destinados ao Banco Solidario, un proxecto do Voluntariado de Oleiros que conta cunha intensa actividade durante todo o ano e na que participan un maior número de persoas voluntarias. Estas recollidas complementan as reparticións que se realizan nas campañas de alimentos excedentes da Unión Europa e as que organiza o propio voluntariado, así como os recursos e programas do departamento de Servizos Sociais do Concello.