A Escola Municipal de Teatro do Concello de Oleiros pechará este sábado o curso escolar coa representación no auditorio de Mera de dúas obras teatrais protagonizadas polo alumnado.
Ás 18:00 horas o grupo de teatro infantil (nenas e nenos de 9 e 10 anos) representarán a obra Estrela... fugaz?, da autoría de Carlos Labraña e dirixidos por Chus Álvarez.
Ás 20:30 horas terá lugar a representación de Cadros de amor e humor, ao fresco, de José Alonso de Santos e protagonizada polo alumnado adulto da escola baixo a dirección de Chus Álvarez.
A entrada é de balde ata completar o aforo.