Oleiros, 15 de xuño de 2012-. Mañá sábado 16 de xuño celebrarase a III edición do Mercadillo de Reciclaxe do CEIP Valle Inclán, organizado pola AMPA do colexio co consentimento da Dirección do centro. O mercado celebrarase no paseo de Santa Cristina á altura da explanada da Fábrica. O horario será de 11.00 a 18.00 horas. Este mercadillo contribuiría a que de 6º curso que decidan participar, ademais de escoller, clasificar, etc. Con todo o que se recolla, poderán recadar cartos para a súa excursión de fin de curso. Con todo isto, tamén conseguiremos que os escolares teñan a oportunidade de traballar para gañar o dereito a ir de excursión grazas ao seu esforzo.
Cada artigo que se venda no mercadillo custará 1 euro. O material recollido e que non teña saída a través do mercadillo, será doado á asociación Renacer, que xa recibiu o curso pasado parte das doazóns recibidas a través do Obradoiro Solidario.