Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá celébrase a II Feira de orientación académica no pavillón Arsenio Iglesias

 Oleiros, 16 de marzo de 2023-. O alumnado de 4º da ESO, FP básica e Bacharelato dos centros de ensino público de Oleiros disporán dunha xornada informativa específica sobre saídas académicas e laborais para o seu futuro. Nesta actividade organizada polo Concello participarán diversas universidades, centros de formación profesional, escolas públicas e privadas de diversas especialidades, academias, forzas armadas...

 
Esta xornada vai celebrarse mañá venres no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Pola tarde, de 16:00 a 18:30 horas, as portas estarán abertas a calquera persoa interesada en informarse sobre posibilidades académicas e laborais que ofrecen as 32 entidades participantes.
 
Debido á celebración desta II Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, o aparcadoiro do pavillón Arsenio Iglesias estará reservado para a organización e participantes no evento e non poderá empregarse para estacionar. Os autobuses do transporte escolar si poderán acceder para deixar e recoller ao alumnado.
 

 
back link