No evento desenvolvéronse diferentes actos e exhibicións co obxectivo de celebrar o remate das actividades que teñen lugar en todas as parroquias do municipio e cunha ampla participación das persoas maiores, que aproveitaron o curso para practicar actividades relacionadas coa memoria, a vitalidade e as artesanías.
A concelleira de Servizos Sociais, Belén Taboada, agradeceu a todas as persoas asistentes a súa participación no encontro e nas actividades durante todo o curso. A festa estivo amenizada por música onde os participantes e monitorado puideron gozar dunha tarde de festa amosando todo o aprendido durante este curso.