A Xunta de Galicia ten pendente atender a petición destes 4 concellos para abordar o proxecto de renovación que evite este tipo de situacións. De feito Emalcsa xa está a redactar o proxecto para poder iniciar as obras, que incluirían tamén un novo depósito de auga en San Pedro de Nós.
O Concello de Oleiros recibe a auga de Emalcsa a través da ponte Pasaxe, a Costa da Tapia e o depósito de Bergondo. A rede interna do Concello, con 432 km de tuberías, é suficiente e acorde a poboación existente, aos incrementos estacionais e ás previsións de crecemento a medio prazo. Tampouco hai problemas de auga no embalse nin un incremento poboacional superior ao dos últimos veráns.
Si é preciso, tal e como leva demandado o Concello de Oleiros nos últimos anos, renovar a condución xeral que vai desde A Telva ata os depósitos de Bergondo, que nutren a Sada, Bergondo, Cambre e a parte de Oleiros.
O Concello fai un novo chamamento á cidadanía para un consumo racional da auga, especialmente necesario durante estes días sen precipitacións e con elevadas temperaturas.