Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comeza o terceiro Obradoiro de emprego que continuará co acondicionamento da Finca Tenreiro

Oleiros, 28 de setembro de 2017-. Hoxe comezou o Obradoiro de emprego para continuar co acondicionamento da Finca Tenreiro. Neste proxecto de formación e emprego subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa  cantidade 140.188,65 euros, participan un total de 19 persoas desempregadas, todas elas veciñas de Oleiros. O Concello cofinancia este proxecto con outros 25.000 euros.

Este será o terceiro obradoiro de emprego que pon en marcha o Concello de Oleiros para rehabilitar este gran parque público de máis de 30.000 metros cadrados situado na localidade de Nós. Nesta ocasión restaurarase o tellado, as portas, as fiestras e a varanda do edificio principal.

O proxecto ten unha duración de 6 meses e durante ese tempo os alumnos e o persoal docente van a estar contratados. Durante ese período de aprendizaxe o alumnado percibirá unha remuneración mensual de 707 euros, máis unha paga extra, e o profesorado percibirá uns emolumentos superiores.
 

back link