Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As persoas maiores de 65 anos poden participar mañá na Romaría das Merendiñas

Mañá sábado día 1 de xuño terá lugar a tradicional Romaría das Merendiñas, unha festa dedicada ás persoas maiores de 65 anos do Concello de Oleiros. Unha homenaxe a todas elas e ao recordo dos encontros entre veciños e veciñas arredor dunhas viandas no campo para festexar a chegada do bo tempo. Está previsto que acudan máis de 1.200 persoas a desgustar empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, ademais de larpeira, queixo e marmelo.

A festa será nos xardíns das Torres de Santa Cruz. Todas as persoas maiores das distintas parroquias do concello poderán acudir a esta festa coa invitación que lles chegou aos seus domicilios por correo. Na porta de entrada deberán presentar esta tarxeta para poder acceder á festa.

Pola mañá antes da comida, a Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ofrecerá un concerto para amenizar a chegada aos participantes, e pola tarde, tras o xantar, non faltará a música co dúo Xilo e Carlos e os solistas Melchor e Marietta.

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación do tecido asociativo do concello que fai que sexan moitas as persoas que colaboran desinteresadamente na organización e desenvolvemento desta festa, unha axuda imprescindible que fai desta romaría unha festa única e sen igual en toda Galicia.

Para facilitar o acceso de todas as persoas participantes haberá tres autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros desde as 12:30 da mañá. O percorrido dos autobuses comeza en todos os casos ás 12:30 h. As rutas serán as seguintes:

1. Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo, A Torre, Igrexa de Dexo, A Escola, Broño, Igrexa de Maianca, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo.

2. Perillo,  Montrove: Centro cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador.

3. Oleiros, Iñas, Nós: As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada do bus de Betanzos), O Piñeiro, Os Vilares, Chasqueira, Vilanova, Casa do Pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (Policía Local).

En caso de ser necesario, o bus realizaría unha segunda volta para recoller a todas as persoas que quedasen sen praza.
 

back link