Hemeroteca

Asset Publisher

Back As bibliotecas de Oleiros énchense de actividades con motivo do Día Internacional da Muller

Oleiros, 4 de marzo de 2020-. O Concello de Oleiros organiza un completo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller en todas as bibliotecas públicas. Haberá contacontos, exposicións, actividades para estudantes,... cunha temática feminista para promover a igualdade entre mulleres e homes.

 
Desde hoxe e ata o vindeiro martes día 10 de marzo haberá contacontos nas bibliotecas de Santa Cruz, Rialeda, Mera e Oleiros, para nenos e nenas de todas as idades. As persoas interesadas en participar deberán contactar directamente con cada un dos centros.
back link