Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Apertura do prazo de licitación para a concesión do servizo de café-bar da Casa do Pobo de Montrove

O Concello de Oleiros saca a licitación a concesión do servizo de café-bar da Casa do Pobo de Montrove e da prestación do servizo de limpeza do inmoble por un canon mensual de 220,00€ e unha duración de 3 anos, con posibilidade de prórroga.

O pasado 16 de setembro publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación relativa a concesión de servizo do bar da casa do Pobo de Montrove situado na Avda. Rosalía de Castro, xunto coa prestación do servizo de limpeza das instalación.

A adxudicación do contrato conlevará a concesión do uso das instalacións de propiedade municipal existentes e dos bens mobles afectos ao mesmo, coa obriga de realizar a limpeza diaria das instalacións, de tal xeito que estas se atopen na situación óptima para o desenvolvemento das actividades que se programan nas mesmas.

O Concello pon a disposición do contratista o local, que comprende as dependencias de cafetería, cociña e almacén. Tamén o mobiliario e instalacións da cafetería. 

O prazo para a presentación de ofertas está aberto ata o 14 de outubro.

back link