Hemeroteca

Asset Publisher

Back A programación cultural de outono do Concello de Oleiros volve cargada de teatro, música e danza

Entre outubro e novembro desenvolverase a programación cultural de outono onde o teatro, a música e a danza serán os eixes vertebradores do ocio da fin de semana.

O Concello de Oleiros inicia a programación cultural de outono o próximo sábado 5 de outubro no auditorio Gabriel García Márquez cunha representación teatral de Paula Carballeira dirixida por Fina Calleja, “As Alumnas”. 

Todos os sábados dos meses de outubro e novembro gozaremos de teatro, danza contemporánea, teatro de máscaras e teatro xestual e música dirixida a público adulto (recomendado para maiores de 12 anos). Un total de 8 espectáculos organizados polo Concello de Oleiros, a prezos populares, que se desenvolverán no auditorio municipal Gabriel García Márquez.

As entradas aos espectáculos poderán adquirirse con antelación a través de www.giglon.com e no propio auditorio unha hora antes de cada representación o mesmo día do evento, ata completar a capacidade da sala.

Consulta toda a programación cultural de outono na web municipal premendo aquí.  

back link