Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A lúa vai encuberta, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 8 de marzo de 2022-. Incendiaria e A Quinta do Cuadrante presentan o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra de teatro contemporáneo A lúa vai encuberta. Davide González, Melania Cruz, Tito Asorey e Vanesa Sotelo forman o elenco desta obra dirixida por Tito Asorey.

 
Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a consecuente falta de conciencia da identidade nacional galega. A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan. Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levan a escena o texto de Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto.
back link