Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acolle o luns unha charla sobre dano cerebral

 Oleiros, 11 de marzo de 2022-. O vindeiro luns 14 de marzo, o auditorio da Fábrica acollerá unha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido. Será ás 20:00 horas e é aberta a toda a cidadanía.

 
Este acto está organizado pola Federación Galega de Dano Cerebral, en colaboración co Concello, e pretende informar e sensibilizar cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia. Na actividade do luns a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo Oleiros: ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña.
 
Ademais da charla, ata o 23 de marzo poderá verse na Fábrica a fotográfica exposición ‘Punto e seguido’. Unha obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga protagonizadas por persoas usuarias de varios centros galegos.
back link