Hemeroteca

Asset Publisher

Back A comedia musical Chicago Killers represéntase o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 28 de setembro de 2017-. A compañía Atrezo Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Chicago Killers, escrito por Jessica Roade e dirixido por Chelo Pampillón. O elenco de actores e actrices fórmano Marisa Sueiro, Ana Santos, Germán García, Jessica Roade, Balbi Rodríguez, Damián Alonso, Antía Villar e Chelo Pampillón.

A obra é unha adaptación do exitoso musical Chicago, que incorpora elementos de The orange is the new black, Public Enemies e Pulp fiction, entre outras. Sempre en clave de humor, o público asiste ao paso por prisión das célebres Amber Diáz e Emily Cooper, as encantadoras asasinas de Chicago que brillan con luz propia.

A entrada é libre con invitación, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.
 

back link