Hemeroteca

Asset Publisher

Back A bandeira de traíñas da Deputación que se suspendera celebrarase en setembro

 Oleiros, 20 de agosto de 2020-. O deputado provincial e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presentou unha moción na Deputación Provincial da Coruña na que se instaba á convocatoria da II Bandeira Feminina e a XXXI Bandeira de Traíñas

 
Ángel García Seoane presentou unha moción no pleno da Deputación Provincial instando á convocatoria e á celebración das regatas. O deputado provincial defendeu a necesidade de realizar este tipo de competicións deportivas xa que estas son un aliciente e unha fonte de ingresos para os clubs de remo.
 
Finalmente resolveuse a convocatoria da XXXI Bandeira de Traíñas e II Bandeira Feminina para a primeira quincena do mes de setembro na Baía da Coruña. A Deputación Provincial destinará 19.300,00 euros en premios para estas probas deportivas.
 
back link