Televisión

Como apuntarse ás actividades das casas da mocidade?

Como apuntarse ás actividades das casas da mocidade?

Manifesto da mocidade de Oleiros polo 8-M

Lectura de Nerea Rodríguez e Adrián Valiño do manifesto da mocidade de Oleiros polo 8-M no pleno municipal

Cabalgata de Reis 2021

Cabalgata de Reis organizada polo Concello de Oleiros o 5 de xaneiro de 2021

Simulacro de rescate do Servizo de salvamento e socorrismo de Oleiros

Simulacro de rescate do Servizo de salvamento e socorrismo do Concello de Oleiros. Verán do 2020.

Presentación Museo-memorial ENSAMBLEISAAC

Acto de presentación do Museo-memorial ENSAMBLEISAAC, no Castelo de Santa Cruz

Festival Rúa Ext-cénica 2020

IV edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa

Inauguración Parque As Trece Rosas

Resumo do acto de inauguración do Parque As Trece Rosas

O Corral do Consorcio

Espectáculo da Compañía Municipal de Teatro na Festa de Entroido 2020

Presentación da proposta do Concello de Oleiros para o transporte ás praias

O Goberno municipal denunciou esta mañá ante as dependencias autonómicas na Coruña o boicot perpetrado pola Xunta de Galicia que impide que, malia a existencia de acordo entre todas as partes desde o mes de maio, o bus urbano da Coruña 1A non poida chegar ata Santa Cristina. A modo satírico, o alcalde presentou o medio de transporte que vai ter que empregar a cidadanía para poder ir ás praias de Oleiros: os burros.

III Obradoiro de Emprego Finca Tenreiro

Vídeo resumo do traballo desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Garantía Xuvenil “Traballos de Madeira Finca Tenreiro”.

Nano García Núñez

O domingo día 8 de abril, ás 12:00 horas, o campo de fútbol municipal de Iñás, acolle un acto de homenaxe a Nano García. Da súa man, foron centos as e os deportistas que pasaron polos micrófonos de Radio Oleiros. Durante moitísimos anos, Nano García promocionou e difundiu a actividade e os triunfos do deporte oleirense desde a emisora municipal.

Premios Óscar do Entroido de Oleiros 2018

Gala de entrega dos Premios Óscar do Entroido de Oleiros 2018. Na categoría de paiaso máis internacional o premio foi para o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. A segunda das estatuíñas recolleuna o protagonista da mellor serie de intriga europea, Carles Puigdemont. O terceiro dos premiados foi Mariano Rajoy como o mellor protector dos ladróns de guante blanco. O premio ao mellor proxecto de innovación política foi para Albert Rivera. O último dos premiados foi o Concello de Oleiros pola súa defensa e conservación do Medio Ambiente e a natureza.

Construción do tanque de tormentas de Santa Cruz

Construción do tanque de tormentas de Santa Cruz

XIV Premio al Fomento de la lectura en bibliotecas abiertas al público

A Federación de Gremios de Editores do Estado, que acubilla a máis do 90% das editoriais privadas, concedeulle ao Concello de Oleiros o prestixioso Premio Fomento de la Lectura a Bibliotecas abiertas al público. O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais e as numerosas actividades de promoción da lectura que se desenvolven ao longo do ano foron determinantes para acceder a este importante recoñecemento.

II Obradoiro de Emprego da Finca Tenreiro

Avance do II Obradoiro de Emprego para o acondicionamento da Finca Tenreiro.

O Prostíbulo nacional

Parodia da "Compañía Municipal de Teatro" na Festa do Entroido do 2017, celebrada o venres 3 de marzo no pavillón Arsenio Iglesias.

Mariano Rajoy na N-VI

Visita oficial do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, á intersección de Sol y Mar, en Perillo.

XXVII FEIRA DO MEL

O vindeiro domingo 6 de novembro celébrase unha nova edición da Feira do Mel nas inmediacións do Mercado Municipal de Perillo. Unha selección dos mellores apicultores galegos e españois virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos.

Xeración A fábrica

Xeración A Fábrica é o nome co que foi bautizado o estudo que pretende analizar e reflexionar sobre a situación actual da mocidade no Concello de Oleiros. O traballo está baseado na participación dos rapaces e rapazas, creando puntos de encontro nos que poden valorar os servizos e actividades existentes e achegar e debater sobre novas propostas de mellora, facilitando así a coordinación entre os diferentes departamentos municipais que traballan coa xente moza.

Intervención do acalde de Oleiros na rolda de prensa conxunta con motivo da creación da Área Metropolita

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, defende a creación da Área Metropolitana da Coruña o día no que os concellos da comarca asinan o documento que permitirá iniciar a creación do organismo.