Asset Publisher

Lei 2/1985, de 21 de xaneiro, sobre Protección Civil (pdf, 35,9 kB)

A Lei 2/1985 de 21 de xaneiro enero sobre Protección Civil foi publicada no Boletín Oficial del Estado o 25 de xaneiro de 1985. Establece o marco institucional axeitado para poñer en funcionamento o sistema de protección civil con escrupuloso respecto do principio de legalidade, constitucionalmente previsto, de modo que poida obterse a habilitación correspondente para poder esixir de modo directo á cidadanía determinadas prestaciones de colaboración.

Regulamento AVPC Oleiros (pdf, 73 kB)

Regulamento da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil de Oleiros.

PLATERGA (Plan Territorial de Galicia) (pdf, 4,6 MB)

A Lei 2/1985, de 21 de xaneiro, constitúe o marco legal que determina todo o sistema de prevención e de resposta ante situacións de grave risco colectivo, calamidade pública ou catástrofe extraordinaria, e conforma unha norma básica que contén as directrices esenciais para a elaboración dos plans territoriais e especiais, por sectores de actividade, tipos de emerxencia ou actividades concretas.

Ordenanza de uso das praias do Concello de Oleiros (texto consolidado) (pdf, 162,4 kB)

A presente ordenanza ten por obxecto regular o uso das praias do Concello de Oleiros conxugando o dereito de todas as persoas a gozar delas pola súa natureza demanial, co deber que ten o Concello de Oleiros, no marco das súas competencias, de velar por unha utilización racional e, en particular, regular as condicións xerais de utilización e desfrute polas persoas usuarias da praia en orde á seguridade, a saúde pública e a protección do ambiente.