Aprobación inicial do proxecto de urbanización do Plan Parcial SUD-21, Finca Alsina.
Mediante resolución da Alcaldía número 2026002492 do 8 de maio, acordouse aprobar inicialmente
con condicións o proxecto de urbanización do Plan Parcial SUD-21 “Finca Alsina” (Documento NRE
2026001241, do 27 de xaneiro, coa documentación complementaria achegada con NRE 2026007256,
do 10 de abril).
De conformidade co artigo 226.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o
Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do
concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo
DUN MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
En Oleiros, 11 de maio de 2026
Ángel García Seoane
Alcalde - Presidente
A CONTINUACIÓN PODE DESCARGAR OS DOCUMENTOS QUE FORMAN O PROXECTO