XIII Ciclo de Música Voces Cálidas

XIII CICLO DE MÚSICA: VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO 2026

O Departamento de Cultura organiza unha nova edición do ciclo de música Voces Cálidas para Noites de Inverno, que nesta edición arrancará o vindeiro sábado 7 de febreiro de 2026 e que estará integrado por tres concertos que abranguen estilos musicais moi diversos.

O obxectivo principal é a difusión da música como disciplina artística e a promoción de novos artistas e doutros que xa contan cunha traxectoria musical recoñecida. 

Todos os concertos programados terán lugar no Auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo.

A venda de entradas para os espectáculos realizarase con antelación a través de www.giglon.com, e no despacho de billetes dos auditorios municipais desde unha hora antes do comezo do espectáculo, a un prezo de 6,00 euros, ata completar a capacidade da sala.