CONCERTO DE "LA OTRA"

Venres 24 de abril ás 21.00 horas.

Auditorio da Fábrica, Perillo

Nesta novena edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na música e nas artes Elas Son Artistas o auditorio da Fábrica acolle a actuación da artista madrileña La Otra.

Con máis de 700 concertos xa na súa traxectoria, moitos deles en Latinoamérica, onde acaba de compartir festival con Manu Chao, destaca pola súa profundidade poética e o intimismo. Letras que falan de identidade, afectos, saúde mental. Entre as súas colaboracións están artistas como Rozalén, El Kanka, Pascuala Ilabaca ou Rupatrupa.

Prezo: 4,00 €

Entradas á venda con antelación, a partir do día 19 de abril, a través de:

Compra as túas entradas en GIGLON.COM

E no propio auditorio unha hora antes do espectáculo o mesmo día do evento, ata completar a capacidade da sala.