Actividades sociais
CICLO SEMINARIOS “OUTONO 2024” DE FAMILIAS INQUEDAS
O Programa Municipal de Familias Inquedas, organiza para o outono 2024 un ciclo de seminarios co fin de ofrecer ás familias de Oleiros novas ferramentas, habilidades e capacidades para, desde un enfoque preventivo e dirixido a toda a comunidade, mellorar a convivencia nas familias e proporcionarlles recursos nos que apoiarse no momento da crianza das súas fillas e fillos. Principalmente están orientados ao apoio emocional nas distintas etapas dos 0 aos 18 anos, aínda que tamén hai contidos orientados á mellora da comunicación, ao fomento da autoestima e ao desenvolvemento das súas capacidades. O formato destes seminarios está dividido en varias sesións para que as persoas participantes, pouco a pouco, vaia interiorizando estes novos enfoques e habilidades na crianza: a empatía, a igualdade, a confianza... Para poder levalo a cabo contaremos con profesionais que garanten non só experiencia e coñecemento na materia, senón tamén gran capacidade de comunicación e conexión emocional coas familias para garantir o necesario e desexado impacto transformador nas vidas desas persoas. Son un total de 4 seminarios, totalmente gratuitos, 2 orientados de forma xeneral ao benestar emocional na infancia e na adolescencia, na liña dos que se viñan desenvolvendo en anos anteriores. E outros 2 con contidos mais específicos: apoiar o empoderamento na etapa escolar e o apoio ás familias cun diagnóstico TEA. Estes seminarios teñen formatos e intensidades distintas e desenvolveranse principalmente nas dependencias de Servizos Sociais e Igualdade, en Villa Echeverry, Perillo. As inscricións poderán facerse a partir do martes 17 de setembro desde as 09:00h e ata as 23:59h do domingo 22.
Findes de Lecer 2024
"FINDES DE LECER" Saída convivencial ao Carballiño do 19 ao 20 de outubro Data de inscrición: 26 -27 de setembro Horario de inscrición: De 9:00 h. a 14.00 h. A través do enlace (ao final desta páxina)
Móvete+ Obradoiro de actividade física dirixido a mulleres con enfermidade oncolóxica
O 15 de setembro reiniciouse Móvete+, una actividade física enmarcada no marco de actuación do II Plan de Igualdade que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron. As actividades realízanse todos os venres desde o 20 de setembro ao mes de decembro. As interesadas en participar, poden inscribirse a través do formulario de inscrición recollido dentro desta publicación. Podes solicitar información no teléfono de atención veciñal, 981 60 00 00 ou a través do correo electrónico igualdade@oleiros.org
- Fecha Todos os venres desde o 20 de setembro ata o mes decembro
- Horario Grupo 1: 10:30 a 12:00h Grupo 2: 12:00 a 13:30h
- Enderezo Na Casa Da República, Oleiros