Asset Publisher

Back O Centro Municipal de Formación oferta 10 novos cursos para persoas desempregadas

 Oleiros, 18 de outubro de 2022-. Cento cincuenta persoas desempregadas poderán realizar diversos cursos nos centros municipais de formación Isaac Díaz Pardo e A Carballeira. Trátase de 10 cursos con 15 persoas por curso, con distinto número de horas dependendo das especialidades.

 
As temáticas dos cursos son cociña, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio, socorrismo en instalacións acuáticas, socorrismo en espazos acuáticos naturais, competencia clave para certificados de profesionalidade de nivel 2, montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas, instalación de mobles, financiamento de empresas e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. 
 
Os primeiros cursos iniciaranse na última quincena de novembro e o resto gradualmente ata o mes de febreiro, polo que na maioría dos casos van impartirse durante o ano 2023. Para ver as datas concretas de inicio e calquera outra información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Rúa dos Regos, 24 ou no 981 610 319), onde tamén poden realizar a inscrición.
 
Para a realización destes cursos a Xunta de Galicia outorgou unha subvención de 524.417,55 euros.
back link