Noticias

Atrás Foros para a mocidade de Oleiros

Xeración  A Fábrica continúa traballando, é por iso que o Concello de Oleiros organiza os días 12, 14 e 16 de decembro uns foros temáticos para os mozos e mozas de 14 a 30 anos. Nestes espazos participarán directamente co persoal municipal e poderán intercambiar ideas e opinións sobre as diferentes temáticas programadas.

Para participar envía os teus datos de contacto ao correo electrónico c.xuventude@oleiros.org especificando o/s encontro/s no/s que estás interesado/a.

Recorda que a túa participación é moi importante, Ti es Xeración A Fábrica!