Igualdad

Imagen introducción igualdad
Hay contrastes sociales que tenemos que combatir. Uno de ellos es lo que afecta a más de la mitad de la población, las mujeres. Llevamos mucho andado, pero la lacra del machismo es tan profunda que sin duda tardaremos años en liberarnos de las terribles sombras de su influencia. Aquí remamos en favor de las mujeres como en favor de las personas que sufren cualquier otro tipo de discriminación o están vulnerabilizadas por los elementos más retrógrados de la sociedad.

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapa Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapa Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Noticias

Atrás O Concello instalará Puntos Violeta nas festas para previr violencias sexuais, LGTBIfóbicas e machistas

O Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, está a traballar activamente para a prevención das violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas durante as festas a desenvolver ao longo de todo o verán nas diferentes parroquias. Entre outras iniciativas, o Concello instalará Puntos Violeta nas celebracións nocturnas. 

Os Puntos Violeta son puntos de atención a vítimas de agresión sexual, LGTBIfóbica e calquera outro tipo de agresión machista. Formado por unha equipo experto de profesionais na materia, tamén conta con acompañamento psicolóxico. Ademais, ofrecen información sobre os recursos  municipais na materia e realizan accións de sensibilización dirixidas á cidadanía, coas que se busca dotar de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias. Terán un horario de atención de 23:00 da noite a 2:00 da madrugada.

Un ano máis, coa campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”, o Concello de Oleiros busca dotar a toda a cidadanía de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte a violencia de xénero e demais violencias machistas durante as celebracións, actos festivos e espazos de ocio nocturno. Para isto, a través das redes sociais e plataformas de comunicación coas que conta o Concello, proporcionarase durante todo o verán información encamiñada a prever ditas violencias, dar a coñecer os recursos e servizos municipais específicos neste eido, recoñecer as violencias sexuais e LGTBIfóbicas e saber que facer e como actuar se se é vítima ou testemuña dunha agresión etc. Pódese consultar todo o material de sensibilización na páxina web do Concello.

back link