Actividades infantís

CampaNadal 2023

 Campamento de catro días onde os nenos e nenas a través de actividades dinámicas e educativas,   aprenderán de forma lúdica en contacto coa natureza e co medio, traballaremos na súa autonomía   persoal e na adquisición de hábitos saudables.

 

                   
 

¿A quién va dirigido?

  Alumnado de Educación Infantil e Primaria

 

                  
 

                  
 

Fecha del evento

Do 26 ao 29 de decembro

Horario

de 09.00 a 14.00 h.

Lugar de Celebración

CEIP Isidro Parga Pondal  (se por nº de solicitudes fora preciso un segundo lugar realizaríase tamén no CEIP a Rabadeira.)

 

Plazo de inscripción

Prenscripción desde o 1 ao 09 de decembro.

É importante seleccionar o centro escolar preferido.

Inscrición:  do 13 ao 20 de decembro, os participantes con praza terán que formalizar a inscrición preferentemente por correo-e   ensino@oleiros.org , enviando o xustificante de pago cuberto e abonado.

Precio

25,00 €

Medios de contacto
Otra información de interés

 Reunión informativa o día 21 de decembro as 20.15 h. no Auditorio da Fábrica en Sta. Cristina.

 Código QR inscrición   


 

Formulario de inscrición

Atrás O vindeiro sábado 11 de maio As Torres acolle a Festa da Lingua

O vindeiro sábado 11 de maio As Torres será o escenario dunha chea de actividades para os máis pequenos e pequenas. Un día de teatro, xogos e concerto, celebrando a lingua galega e celebrando unha festa para todas as familias do Apego.

Ás 12.30 h comezarase a xornada co concerto Rockeando coas que máis molan de PakolasUn concerto coa recompilación das cancións que máis molan dos seus discos: Pakolas, Ramona Órbita e A Ramona pequena vai á lúa. A rapazada poderá bailar cancións como Baldomero, o mero ou Manolo Cavernario, as preferidas da rapazada e de Pakolas. 

A duración será de 60 minutos e logo de ter tempo para comer, volveremos ás 16.30 h cos Xogos PoporrubioOs xogos do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía as familias por unha eira chea de xogos.  Esta actividade está recomendada para maiores de 2 anos.

Para as familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos temos a obra Carapuchiña vermella e  os cinco lobiños, de Ángeles Goas. Un espectáculo de narración oral e música, onde a grande protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun lobo, hai 5 lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. A súa duración é de 30 minutos.

Para rematar a festa, ás 18.30 h Paco Nogueiras presenta o seu novo disco Son AnimalUn novo espectáculo  dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións. Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, con plumas, con rabo…, todos especiais e diferentes. E todos co seu son que se converten en divertidas cancións da man de Paco Nogueiras.

¿A quién va dirigido?

Familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos

Fecha del evento

Sábado 11 de maio

Horario

Desde as 12.30 ata as 19.30 h

Lugar de Celebración

As Torres de Santa Cruz

Plazo de inscripción

Desde o luns 6 de maio ás 10.00 h

Otra información de interés

Terán preferencia as familias inscritas en Apego os dous primeiros días de inscrición.

Formulario de inscrición