Atrás Mostra de pintura de Alfonso Sanjurjo

Sanjurjo, o pintor coruñés que traballou os últimos vinte anos da
súa vida desde o seu estudio na zona da Cubela e que deixou de exponer en 2005
ata o ano pasado coa súa primeira exposición póstuma, foi un artista das marxes,
dos que crean por desexo e necesidade, dos que dan sen esperar nada a cambio.
Xeometría, do grego xeo, “Terra”, metrein “Medir”. Poderíamos dicir que a arte
xeométrica de Sanjurjo é unha arte vencellada á terra. Unha arte que xorde das
raíces para expandirse polo lienzo en branco nunha procura de equilibrio cromático e
formal; e que seguramente sexa precisamente a procura o xesto máis importante da
súa traxectoria artística chea de curiosidade, liberdade e paciencia.
A xeometría, presente en toda a obra de Sanjurjo, emerxe nesta última serie do pintor
en forma de recortes rectangulares coloreados compostos en liñas horizontais que
parecen querer expresar un movemento inmóbil.
A exposición que conta con catorce cadros en técnica mixta sobre táboa poderá
disfrutarse no Centro Cultural A Fábrica do 8 ao 22 de maio. O horario de apertura
ao público será de luns a venres de 9 a 15 horas e de 17 a 21:30 horas e sábados de 10
a 13:30 horas.

 


 

Fecha del evento

Do 8 ao 22 de maio

Inauguración 8 de maio ás 20.00 horas.

Horario

De luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas

Lugar de Celebración

Centro Cultural A Fábrica