Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As entidades veciñais participarán na elaboración dos orzamentos municipais

Oleiros, 5 de setembro de 2017-. O orzamento municipal para o ano 2018 atópase xa en fase de redacción. O documento que está a elaborar o Goberno municipal incluirá tamén as propostas realizadas desde entidades máis representativas de cada localidade, principalmente das asociacións de veciños.

Nas vindeiras semanas os colectivos recibirán unha carta do alcalde para que participen na elaboración dos orzamentos municipais. Tal e como fan todos os anos, poderán trasladar as súas propostas ao Goberno local que as analizará para posteriormente incluír aquelas que poidan ser realizables nos orzamentos municipais de 2018.

As previsións económicas que tiña o Concello para o ano 2017 estanse a cumprir. Aínda así e malia contar cos recursos, a normativa imposta polo Goberno central que limita o teito de gasto dos concellos impedirá a contratación dalgunhas das obras previstas e demandas polos veciños. Iso non supón que non vaian levarse a cabo xa que aquelas que finalmente non se poidan realizar antes de final de ano, priorizaranse no 2018. O alcalde dará unha explicación nunha asemblea, á que serán convocadas todas as entidades, e informara sobre cales son as obras que quedarían pendentes de realizar ata o próximo exercicio.
 

back link