Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

4 outubro 2019: Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda

18,30 h. Presentación da actividade e entrega da primeira lectura. Quedan prazas dispoñibles.

Tertulia literaria en Rialeda: grupos completos

En poucas horas esgotáronse as prazas dos dous grupos de lectura. As novas solicitudes integrarán unha lista de agarda. Grazas pola vosa fidelidade!

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do mércores 25 de setembro

Ábrese o prazo de inscrición o mércores 25 de setembro. Actividade para maiores de 16 anos.

Tertulia literaria en Rialeda: 6 de febreiro (Grupo A)

Hora: 17,30 a 19,30 h. Comentario da obra "Las uvas de la ira" de John Steinbeck.

Club de lectura de Literatura Fantástica: tempada 2019-20

Inscrición a partir do xoves 19 de setembro ás 8,15 h. (na Biblioteca ou chamando ao 981 639 511). Só 15 prazas!

Tertulia literaria en Rialeda: 30 de xaneiro (Grupo B)

Hora: 17,30 a 19,30 h. Comentario da obra "La fiesta del chivo" de Mario Vargas Llosa.

Suspendida a tertulia literaria do 23 de xaneiro en Rialeda (Grupo A)

A seguinte sesión terá lugar o día 6 de febreiro. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

Tertulia literaria en Rialeda: 16 de xaneiro (Grupo B)

Hora: 17,30 a 19,30 h. Comentario de "El palacio de cristal" de Amitav Ghosh.

Tertulia literaria en Rialeda: 2º trimestre: Programación e datas Grupo B

Xaneiro - Marzo 2013: - "La fiesta del chivo" de Mario Vargas Llosa ; "El insólito peregrinaje de Harold Fry" de Rachel Joyce ; "Xente ao lonxe" de...

Tertulia literaria en Santa Cruz: 14 de xaneiro

De 18,30 a 20 horas. Comentario de "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 2º trimestre: Programación e datas

Xaneiro - Marzo 2013: "Berlín 1945" de Pierre Frei ; "Bartleby y compañía" de Enrique Vila-Matas ; "A vida fóra" de Miguel Sande ; "Alguien voló...

Lévaos, vanche gustar!

Expo dos libros das Tertulias 2018-2019