Actividades culturais

Back FESTIVAL ELAS SON ARTISTAS. LAS NIETAS DEL CHARLI

O Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas chega ao Concello de Oleiros por oitava edición consecutiva. A muller creadora como protagonista en concertos que deixan grandes sensacións ano tras ano.  

Elas Son Artistas regresa a Oleiros coa primeira actuación musical do Ciclo Metropolitano pola igualdade na Musica e nas Artes de 2025.

O dúo madrileño Las Nietas del Charli serán as protagonistas o sábado 10 de maio no Auditorio da Fábrica .

Las Nietas del Charli son as irmás María e Raquel Rubio. O seu último lanzamento é Un hogar, unha emotiva canción que da voz a unha iniciativa enfocada na recuperación da memoria, a resistencia ao modelo neoliberal e o fortalecemento dos lazos comunitarios. 

O lanzamento chega nun momento clave para o dúo que están consolidando a súa presenza na escena do folk alternativo tras a publicación do seu EP debut Faro. Ao longo do último ano teñen percorrido o país cunha xira que na que colgaron  o «entradas agotadas» en numerosas cidades.

Todos os públicos

10/05/2025

Horario

20:30 horas

Lugar de Celebración

AUDITORIO  A FÁBRICA

4 euros

 

Compra tus entradas en GIGLON.COM