Asset Publisher

Back O pleno de Oleiros demanda que o Goberno central rectifique a súa decisión sobre o Sahara

O pleno municipal aprobou a moción presentada polo Goberno de Alternativa dos Veciños e o BNG para amosar o firme apoio do Concello de Oleiros ao pobo saharauí e ó seu único e lexítimo representante, o Frente Polisario, na súa loita contra a ocupación militar e polo exercicio de pleno dereito de autodeterminación e a independencia. Os acordos adoptados son os seguintes:

 
¿¿ Mostrar o respaldo ao Goberno da RASD na defensa dunha saída dialogada ao conflito que supoña a posta en práctica do Plan de Arranxo subscrito en 1991 con mediación da ONU e da Organización para a Unidade Africana –actual Unión Africana–.
 
¿¿ Instar ao Goberno español a dar marcha atrás no seu recente cambio de postura avaliando o referendo de autodeterminación acordado por ambas as dúas partes e recollido nas resolucións da ONU, tomando a iniciativa para apoiar activamente ao enviado especial da ONU para o Sáhara Occidental, Staffan de Mistura, no seu traballo.
 
¿¿ Reclamar o cesamento inmediato da violencia e da vulneración dos dereitos humanos que se produce nas zonas ocupadas, instando ao Consello de Seguridade das Nacións Unidas a aplicar os principios da Carta de San Francisco para a resolución dun conflito no que Marrocos continúa actuando con impunidade no Sáhara Occidental.
 
¿¿ Dar traslado deste acordo ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que a súa vez o fará chegar a Delegación Saharauí en Galicia; á Federación Española de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí e ao Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España.